3/06/2007

Por defender a Israel: un perseguido en Vigo, Galicia, España

En la red de judíos, judaizantes, gentiles, católicos, izquierdistas varios- todos distintos, pero no distantes- se ruega que se inicie campaña contra la persecución que sufre Pedro Gómez-Valadés.

Primero se persigue a Gómez-Valadés, se termina asesinando al cardenal Cañizares o al presidente Zapatero.

Siempre, contra Baal-Moloch.

“Os tempos converteron en impopular a manifestación aberta do odio aos xudeus. Sendo este o caso, o antisemita busca novas formas e foros onde poder instalar o seu veleno. Agora agóchao tras unha nova máscara. Agora non odia aos xudeus, só é antisionista!!”. Martir Luther King na súa "Carta a un amigo antisionista" de 1967.

Escándalo en Galicia con el BNG

AMIZADE CON ISRAEL ACUSA Á UPG DE VIGO DE EMPREGAR METODOS FASCISTAS PARA EXPULSAR DO BNG AO SEU PRESIDENTE

A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI), constituida en Santiago de Compostela o pasado 1 de decembro con asociados de tódolos partidos políticos -especialmente BNG, PP, PSOE e EU-, que acordaron democráticamente elixir como presidente a Pedro Gómez-Valadés, membro do Consello Comarcal do BNG en Vigo

DIANTE da expulsión de Pedro Gómez-Valadés, de todos os organismos de dirección, executiva e consello comarcal do seu partido, por pertenecer a AGAI, quere trasladar á opinión pública as seguintes consideracións:

1) A actitude dos membros da UPG -maioritarios no Consello Comarcal do BNG de Vigo- neste grave episodio, revela un comportamento claramente fascista, intolerante e anticonstitucional, habida conta de que atenta contra os dereitos fundamentais de asociación e libertade de expresión, amén de vulnerar o dereito á discrepancia do que o devandito partido se gaba nos seus estatutos.

2) A reedición medieval dun “acto de fe” contra o noso presidente e veterano militante do BNG, demostra que os dirixentes da UPG en Vigo son tristes herdeiros dos torquemadas inquisitoriais que queren levar ó seu partido a prácticas da Idade Media.

3) Ista asociación quere lembrar que, lonxe do que defenden estes talibáns, a democracia non consiste en impor os votos das maiorías, posto que por ise sistema se poden cometer atrocidades, barbaridades, ou estupideces como aprobar por maioría absoluta que a Terra e cúbica.

4) O consello comarcal do BNG en Vigo, comandado por esta mestura de gardiáns da fe e comisarios políticos debe saber que, de seguir co seu fanático e delictivo despropósito terán moito traballo, pois hai no seo de AGAI ducias de afiliados ao BNG aos que, por coherencia, deberían perseguir, dar caza e plantarlle lume por herexes, salvo que antes non acaben eles mesmos na cadea.

5) Os fascistas da UPG no consello comarcal de Vigo deben saber tamén que no seo do BNG hai castelán falantes, afiliados a sindicatos non nacionalistas, amantes das corridas de touros, seguidores do Real Madrid, partidarios do imperialismo iraní ou coreano, da entrada dos tanques imperialistas soviéticos en Praga, así como comedores de tortilla española, ou simpatizantes de Hamas, Hizbollah e Al Qaeda. Velaí unha boa mostra para o seu patriótico traballo de purgar a herexía e aos que se desvíen da súa particular “revolución pendente”.

6) AGAI convida finalmente ao BNG a que, en beneficio do nacionalismo e por un mero e elemental exercicio de hixiene democrática, lle faga ver a este tipo de afiliados que son eles os que deben abandonar unha formación democrática e fundar outra de corte totalitario e fascista, acorde cos seus plantexamentos sectarios e racistas.

7) Pola nosa banda facemos un chamamento ao pobo de Vigo para que tome boa nota de quen son estes elementos fascistas, nemigos da democracia que dentro duns meses pretenderán presentarse as eleccións co disfrace de demócratas.

8) Por último, AGAI anuncia que emprenderá tódas las accións legais oportunas que estime pertinentes para que os tribunais se pronuncien sobre este atropelo á lilberdade, e defenderá ó seu presidente con tódos los recursos que le brinda o ordenamento xurídico.

Vigo, 2 de marzo de 2007

No hay comentarios: